a cuarta mision: O Lume


Hai alegría ao sentir a calor
Entrando no mundo,
Ao ver o sol volver sobre as súas antigas pegadas
No ceo de verán.

Oh, a calor do sol que agora chega!
Non hai vento. Ama hai!
Non hai nin una nube no ceo.
Choro coa alegría, deitado na terra.
Ama hai!
E aló arriba vexo o bo caribú
Entre as montañas
Pastando na afastada néboa.
Haia, haia, hai!.
Que alegría! Que arroutada!
Aia, aia, haia, hai.

Canción esquimó recollida no libro Drum Dance de Charles Hoffmann (edición de autor).

a terceira mision A AUGA


na procura da auga, a nosa terceira mision, surmexemonos no fondo do mar para preguntarlle ao señor peixe por ela, axudados por Ana Maria Fernandez





ondas do mar,
verdes ondas,
altas, baixas,
liongas, fondas;
ondas cun facho de escuma,
ondas que buscan fortuna,
ondas que son latriqueiras
e de ribeira en ribeira
salt en máxicas dunas;
ondas que bican os fondos
e remontan altos tombos,
ondas que estralan,
que brúan;
ondas con dedos de chamas,
ondas que abraián e aclaman,
ondas que xuntan areas,
ondas que atrapan sereas,
ondas que contán fazañas,
ondas que erguen montañas,
ondas do sur e do norte,
ondas que esconden a vida
ondas que tecen a Morte
ondas pequeñas mainiñas,
ondas que cubren o mundo,
Moradoras da mariña,
mensaxeiras do profundo.

















a segunda mision O AIRE


a nosa segunda mision e a procura do aire, preguntamos, axudados de Antonio Garcia Teijeiro, a un paxaro



“Palabras envoltas en cancións” Antonio García Teijeiro

Que cante o paxáro
Que o quero escoitar
Que deixe as palabras,
Que esgace os xornais.
Que rache o silencio
Que bique nás mans
Que baile no ceo
Que esvare no mar.
Que boe o paxaro
Que pinte con sal
Que tinxe ás mentiras
Que pase o limiar.
Que escriba un poema
Que esqueza calar
Que chíe na fraga
Que chore no val
¡Que cante o paxaro
Que o quero escoitar!








Primeira mision: A TERRA



a nosa primeira mision e A terra, aterramos nun pais cheo de
enanos onde veñen e van os automoviles, segun Celso Emilio Ferreiro:



No país do ananos veñen e van, fon, fon, os automoveles,
Coma bestas fuxindo non se sabe,
Bulindo escuramente polas rúas,
Cañimo de ningures,
Non importa con tal de ser veloces.
Velocidade,
Ise Moloch
De agora, aluciado,
Queimando gasolina
Roda, roda
Aí que chegar axiña non sei onde
Ou non chegar xamais, o caso é ire
Nas catro rodas, ire e despois vire,
Coa bribacedeira a punto.
O asunto esta no ire e vire,
Chegar logo marchar



Adeus que teño presa,
Que teño moita presa, presa, presa,
Que teño moita preesa de ter presa
Semaforo bermello, mala sorte,
De novo a camiñar, fon, fon
As bestas sobre rodas,
Veñen e van,fon, fon,
E non se sabe.

OS VIXIANTES NA SÚA NAVE NODRIZA

Os nosos vixiantes visitan :
A Coruña os dias 28 e 29 de Marzo no Teatro do Andamio
En Santiago os día 19 de Abril en Arteria Noroeste
En Vigo o 17 de Maio no Verbum

OS VIXIANTES DO SEÑOR MUNDO

SE SABES DALGUNHA DOENZA DO SEÑOR MUNDO ESCRIBENOS QUEREMOS AXUDALO

O SEÑOR MUNDO SEGUE DANDO VOLTAS

O Señor Mundo nunca nunca nunca se queixa
e segue dando voltas aínda que lle fuxan as cores
todas elas
segue dando voltas
aínda que lle marchen as augas, as árbores, os animais, os desertos, as plantas e as selvas
segue dando voltas
aínda que lle desaparezan as mulleres, os homes, os nenos e as nenas segue dando voltas no universo
ata que xa non sexa máis o Señor Mundo
nin a Señora Terra

ata que se volva
estrela.